|
Letras
de cal xorde da constatación de que os novos poetas non teñen
doado salvar a necesidade de acceder ao libro impreso.
Mediados
os anos 90, un número considerábel de novos autores irrompen
na escea literaria galega, en recitais, edicións colectivas,
grupos de acción cultural. Mais, a medida que esas novas voces
van se consolidando, as limitacións do sistema editorial galego
para responder ás súas necesidades de edición fanse máis
e máis evidentes.
Dende
había xa uns anos, só Espiral Maior publicaba poesía con regularidade.
Algunhas outras editoriais tiñan coleccións de poesía mais
publicaban (e publican) só un ou dous títulos ao ano. E mesmo
as editoriais máis emblemáticas da nosa literatura relegaran
a poesía a un segundo plano inmerecido.
Non
só os novos autores atopaban problemas á hora de publicar.
Mais
ocolectivo era claramente o máis prexudicado.
Dende
1997 Letras de Cal intentou cubrir ese baldeiro. Para iso
máis de 15 poetas xuntaron o seu esforzo económico para a
publicación dos primeiros dous títulos. A continuación, o
esforzo requerido foi outro: os libros cumpría vendelos para
poder continuar coa laboura. E vendéronse. E da venda publicáronse
mais outros dous, e outros, ata os 12 títulos que viron a
luz ata o de agora.
A
actividade principal da Asociación Cultural Amaía é, xa que
logo, a edición de libros de poesía de novos autores, e a
súa difusión. Para iso organiza diversas actividades, como
recitais públicos por toda a xeografía galega, e, recentemente,
obradoiros literarios que pretenden dinamizar, doutro xeito,
a producción poética dos máis novos.
|