Verónica Martínez Delgado
Desterrada do meu corpo

(Preme aquí para ler o texto da presentación do libro)

(selección de textos do libro)

Levo esta dor
cravada nos ollos
como unha doenza,
por máis quilómetros
que interpoña
non deixo de ver
este mar
afincado en cada parto.

----

Cando aínda non poñían
o nome nos mapas,
chamábate
cos beizos sen fonemas.
Agora, que tes nome,
andan a dicir
que están errados
os mapas.

----

Esquecín
adrede
pechar a caixa baleira,
que fora
enchendo
cos teus agasallos
e as túas lembranzas;
e algunha que outra
noite en branco
que pasei contigo.

----

As paisaxes do Renacemento
e os rostros de Van Eyck
ou Baldovinetti
doénme máis
do que me does ti
mentres choras
e non te abrazo.

 

Maio, 2001
ISBN:
##-######-#-#
Ilustración de portada:
Folloni
## páxinas